MODIFICACIÓN Bases “RECANTOS” 2025-2026 - CSAG
MODIFICACIÓN Bases “RECANTOS” 2025-2026
De conformidade co establecido no punto 4.6. – Modificación de bases, procédese á modificación do punto 5.2.-Fases das BASES RECANTOS 2025-2026, que queda redactado nos seguintes termos:
“5.2.- Fases
No concurso poderá haber cantas fases decida a dirección do programa atendendo a criterios de audiencia e necesidades de programación. A dirección resérvase o dereito a engadir “Fases de perigo”, “Títulos de inmunidade” ou “Repescas” cando requira recuperar concursantes descualificados, enfrontar concursantes ou garantir a continuidade dun concursante.
5.2.1 Primeira fase
Na primeira fase participarán todos as persoas concursantes e ao remate da rolda pasarán á seguinte fase os mellor puntuados. En caso de empate, o xurado deberá decidir quen pasa e pode solicitar previamente que os recanteiros afectados canten o tema que decida a dirección do programa.
5.2.2 Segunda fase (oito participantes)
Unha vez transcorrida a primeira fase e seleccionados oito recanteiros, esta seguinte fase busca a selección de 6 recanteiros e desenvolverase en base ás seguintes normas:
1- Cada semana participarán 2 concursantes (individual e dúo) e serán puntuados do xeito establecido nas anteriores fases (xurado-redes-recanteiros). O concursante gañador de cada programa quedará clasificado automaticamente para a seguinte eliminatoria.
2- Ó longo de catro semanas quedarán propostos 4 recanteiros para a fase seguinte.
3- Os que faltan ata completar os 6, sairán do encontro directo entre os 4
recanteiros que non se clasificaron automaticamente. Non haberá dúo nesta eliminatoria.
5.2.3 Terceira fase (seis participantes)
Na seguinte fase, en que participarán 6 recanteiros, establécese como obxectivo a denominación das catro prazas para a seguinte eliminatoria con base nas seguintes normas:
1- Esta fase busca a selección de 4 recanteiros entre os 6 clasificados.
2- Cada semana participarán 2 concursantes (individual e dúo) e serán
puntuados do xeito establecido nas anteriores fases (xurado-redes-recanteiros).
O concursante gañador quedará clasificado automaticamente para a seguinte eliminatoria.
3- Ó longo de tres semanas quedarán propostos 3 recanteiros para a fase
seguinte.
4- O recanteiro que falta ata completar os 4, sairá do encontro directo entre os 3 participantes que non se clasificaron automaticamente. Non haberá dúo nesta eliminatoria entre os 3 recanteiros.
5.2.4 Fase semifinal
Os catro participantes seleccionados deberán participar en solitario, formando duetos ou calquera outra formación que a dirección do programa estime oportuno.
A canción interpretada por cada un dos semifinalistas será elixida, por cada un deles, entre todas as cancións interpretadas na sección RECANTOS por todos os participantes ó longo do concurso.
En caso de ser elixida a mesma canción por ambos os dous participantes, adxudicaráselle a aquel ou aquela que primeiro a solicite.
En cada unha das dúas semifinais serán elixidos os dous participantes da final.
A selección das persoas participantes nas fases de semifinal será decidida EXCLUSIVAMENTE polo xurado mencionado no apartado 5.1
5.2.5 Fase Final
Participarán na Final do concurso RECANTOS aqueles dous participantes que foran elixidos na fase anterior.
A canción interpretada por cada un dos finalistas será elixida, por cada un deles, entre todas cancións interpretadas na sección RECANTOS por todos os participantes ó longo do concurso.
En caso de ser elixida a mesma canción por ambos os dous participantes, adxudicaráselle a aquel ou aquela que primeiro a solicite.
O Gañador do concurso será proclamado EXCLUSIVAMENTE polo xurado.”
En Santiago de Compostela, a 12 de marzo de 2026.