div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Bases Concurso Canción do Nadal 2025

BASES CONCURSO A CANCIÓN DO NADAL 2025

Primeira. Obxecto e entidade organizadora

A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (en adiante, CSAG), con CIF A15073349 e domicilio en Bando San Marcos s/n, Santiago de Compostela, organiza o concurso “A CANCIÓN DO NADAL 2025” en diante, o Concurso) co obxecto de seleccionar a canción do Nadal 2025 para a súa difusión nos servizos audiovisuais da CSAG e nos seus canais dixitais.

As cancións presentadas deberán ser orixinais e inéditas (música e letra), con letra en lingua galega e temática de Nadal. Poderase achegar videoclip opcional. 

Segunda. Normas aplicables

O concurso réxese polas estas bases, publicadas en www.csag.gal . A participación implica a aceptación íntegra e sen reservas das mesmas. A CSAG poderá excluir participantes que incumpran as bases en calquera momento.

Terceira. Lexitimación para participar

Poderán participar persoas, maiores de 18 anos ou maiores de 16 emancipadas, con residencia legal na Comunidade Autónoma de Galicia e DNI NIE e no caso de persoas estranxeiras, permiso de residencia vixente A admisión queda suxeita ao exclusivo criterio da CSAG. 

Cada participante (solista ou grupo) só poderá presentar unha canción.

Non poderán participar empregados/as da CSAG nin familiares ata o segundo grao. As relacións persoais que poidan comprometer a imparcialidade darán lugar á exclusión motivada.

As persoas participantes garanten: (i) orixinalidade e inédita difusión (incluídas plataformas en liña), (ii) titularidade plena dos dereitos de autor e de intérprete/produtor fonográfico sobre a obra e gravación presentada, (iii) inexistencia de cargas (contratos editoriais/discográficos) que impidan a licenza/cesión solicitada, e (iv) ausencia de plaxios, samples ou materiais de terceiros non autorizados.

En caso de existiren contratos, deberá achegarse autorización escrita das compañías afectadas para o Concurso.

Cuarta. Presentación e requisitos técnicos

4.1. Prazo e fuso horario:
O prazo de presentación permanecerá aberto de luns 27 de outubro de 2025 (00:00, e luns 27 de outubro de 2025 (00:00, Europa/Madrid) a Europa/Madrid) a martesmartes 99 de decembro de 2025 (23:59, Europa/Madrid). Só se admitirán de decembro de 2025 (23:59, Europa/Madrid). Só se admitirán as candidaturas recibidas dentro deste intervalo.as candidaturas recibidas dentro deste intervalo.

4.2. Canal de envío:
A candidatura enviarase por correo electrónico ao enderezo canciondonadal2025@csag.gal cun asunto do tipo: “Concurso A CANCIÓN DO NADAL 2025 –– [Título da canción] –– [Nome e apelidos ou nome artístico]”.

4.3. Documentación obrigatoria a achegar no correo:
a) Ficheiros da obra:
  Audio en formato .mp3
  Videoclip opcional en .mp4

b) Formulario de participación (DESCARGAR AQUÍ modelo oficial da CSAG) cuberto e asinado en formato .pdf.

4.4. Requisitos técnicos mínimos:  

  • Duración máxima: 3:00 minutos (tres minutos). As obras que superen este tempo serán inadmitidas.
  • Idioma: a letra deberá estar integramente en galego.
  • Formatos: Audio .mp3. Videoclip opcional .mp4.

Quinta. Selección e xurado

Rematado o prazo, a CSAG realizará a selección. O Xurado estará composto por 5 persoas designadas pola Dirección da CSAG, que se publicarán na web tras a decisión definitiva.

Criterios:

  • Orixinalidade.
  • Calidade técnica.
  • Valor audiovisual

Resolverase o empate por decisión motivada da presidencia do Xurado. Os membros do Xurado declararán ausencia de conflito de interese; de habelo, absteranse. Poderase declarar deserto o premio se non se acadan estándares mínimos.

Sexta. Conduta

Non se admitirán contidos que infrinxan dereitos de terceiros, publicidade encuberta, mensaxes político-partidarios, linguaxe groseira ou delitos tipificados. A CSAG poderá descualificar participacións que vulneren códigos editoriais, normas éticas ou legais.

Sétima. Premio

O premio para a proposta gañadora será de 1.500 € brutos. A CSAG practicará a retención do IRPF que corresponda segundo a Lei 35/2006 e o seu Regulamento, e emitirá o correspondente certificado fiscal.  O pagamento efectuarase tras a achega da documentación requirida e a verificación do cumprimento das bases, no prazo máximo de 60 días. En caso de incumprimento ou imposibilidade de contacto, o premio pasará ao seguinte clasificado/a.

Oitava. Dereitos

Participantes non gañadores: outorgan á CSAG unha licenza non exclusiva, gratuíta e revogábel para reproducir e comunicar publicamente as obras unicamente para fins de selección e promoción do Concurso, desde a inscrición e ata 30 días despois da resolución definitiva.

Obra gañadora: o/a autor/a (e, se procede, titulares de dereitos conexos) cederá a CSAG todos os dereitos para que poida, directa e/ou indirectamente, reproducir e comunicar publicamente a obra musical, ben de maneira conxunta ou ben individualmente, e aos efectos enunciativos, pero non limitativos en calquera medio radiofónico e/ou televisivo (analóxicos, dixital, cable, TDT, etc.), tanto para streaming como descargables de audio e/ou vídeo en dixital en Internet e, en todo caso, en calquera medio pertencente á CSAG que sexa estimado beneficioso para a difusión deste concurso. Estes dereitos son cedidos para todo o mundo e ata a entrada das gravacións no dominio público, polo tempo máximo establecido na Lei de Propiedade Intelectual.

Os dereitos morais mantéñense en todo caso, conforme ao TRLPI. A obra conservará a atribución autoral nos créditos razoables.

Imaxe e voz: as persoas participantes autorizan o uso da súa imaxe e voz para fins de coberturacobertura e promoción do Concurso pola CSAG

Novena. Protección de datos

A CSAG informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europe e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos e á libre circulación deses datos (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o /a participante facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesaria para o desenvolvemento e cumprimento do concurso.

Os devanditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da CSAG (Bando San Marcos, s/n. 15820. Santiago de Compostela), ou mediante correo electrónico na dirección lopd@csag.gal, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.

Décimaécima. Exención de responsabilidade tecnolóxica

A CSAG queda exonerada de toda responsabilidade no caso de mal funcionamento das redes de comunicación telemática que impidan o normal desenvolvemento desta iniciativa por causas alleas e especialmente por actos externos de mala fe. Tampouco será responsable a CSAG dos problemas de transmisión ou perda de datos non imputables a esta.

Décimo primeira. Aceptación Aceptación e foro

A participación implica a aceptación expresa destas bases e das decisións interpretativas da CSAG. Para calquera controversia derivada das presentes bases, as partes sométense aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025

Asdo: Pilar Bermúdez Blanco
Directora da Área de Contidos
Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A.

div-crtvg-top2

Publicidade