div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

USC, CSAG e FORTA impulsan a reflexión sobre o futuro dos profesionais do xornalismo na próxima década

As tres institucións convocan a xornada ‘O profesional sénior nos medios públicos en 2035’ o 11 de xuño na Facultade de CC da Comunicación de Santiago 

Responsables de innovación e transformación das canles de FORTA, docentes universitarios, especialistas do sector e profesionais júnior intervirán no debate, para o cal xa está aberta a inscrición gratuíta

A irrupción da intelixencia artificial  ou a presión das plataformas globais reformulan o papel do profesional nos medios públicos

csag.gal 20/05/2026 10:07

Santiago, 20.05.2026.- A  Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) unen forzas para celebrar unha xornada de reflexión prospectiva centrada nunha pregunta clave: como será o profesional sénior dos medios en 2035?

Responsables de Innovación e Transformación das doce canles de televisión que forman a FORTA, docentes universitarios e especialistas do sector debaterán nesta xornada, na que se escoitará tamén a voz dos profesionais júnior e estudantes en prácticas, a xeración que exercerá como sénior en 2035. Deste xeito combinarase a visión institucional e estratéxica desde o interior dos medios coa perspectiva dos formadores e dos profesionais más novos. A Facultade de CC da Comunicación de Santiago acollerá o encontro, aberto e gratuíto, no que xa é posible inscribirse.

O contexto: unha transformación sen precedentes nos medios

A irrupción da intelixencia artificial nos procesos produtivos e informativos, a presión das plataformas globais sobre os medios de proximidade e a necesidade de reformular o papel do profesional con experiencia en organizacións que deben reinventarse sen perder a súa misión de servizo público.

Este é o contexto en que se convoca a xornada, que se celebrará en catro paneis de debate para construír o mapa de competencias do futuro.

    • O primeiro pregúntase polo perfil do comunicador sénior en 2035: a súa formación, os seus límites e a hibridación entre o técnico e o xornalístico xa en marcha.
    • O segundo porá sobre a mesa as competencias que a automatización consolida e as que vai erosionando, e a forma en que se transmite o oficio cando as referencias cambian máis rápido que os plans de estudo.
    • Despois vén a pregunta máis incómoda: ata onde pode substituír a IA o criterio editorial humano, e que papel queda reservado á experiencia sénior?
    • E finalmente, o cuarto, preguntarase pola retención do talento: teñen os medios públicos capacidade real de competir polo mellor perfil no horizonte de 2035?

Tripla alianza institucional para afrontar o futuro do xornalismo público

A xornada coincide coa celebración en Santiago da xuntanza da Comisión de Transformación e Innovación de FORTA, coordinada este primeiro semestre de 2026 pola CSAG. Esta colaboración entre a Corporación, a USC e FORTA establece un novo paso na vía de investigación permanente coa USC e alimentará un paper avalado pola USC e FORTA que pretende achegar unha aproximación ao perfil profesional sénior dos medios públicos no 2035.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade