TVG, líder en Galicia en informativos e entretemento con 'Galicia Noticias' e 'Land Rober + Show' - CSAG
TVG, líder en Galicia en informativos e entretemento con 'Galicia Noticias' e 'Land Rober + Show'
‘Galicia Noticias’ foi o informativo máis visto deste mércores, cunha cota de pantalla do 25,4 % cun pico de ata 28,8 %
O espazo de humor presentado por Roberto Vilar, imbatible no entretemento da TVG, cunha cota do 12,7 % e ata 190.000 contactos únicos

Santiago, 11.06.2026.- O informativo ‘Galicia Noticias’ da TVG foi o espazo de televisión máis visto deste mércores en Galicia, cunha cota de pantalla do 25,4 % e picos por riba do 28 %.
Ademais, ‘Land Rober + Show’ liderou un día máis entre os espazos de entretemento do día, cunha cota do 12,7 %.
Os dous programas da Televisión de Galicia foron os máis vistos do día na comunidade, o que reforza a resposta da audiencia ás propostas da canle galega, tanto no eido informativo coma no de entretemento.
‘Land Rober +Show’ contou este mércores cunha audiencia media de 98.000 telespectadores por minuto, e acadou 190.000 contactos de espectadores maiores de 4 anos.
