div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Sorpresas e moita emoción, esta noite no especial 'A Liga das Familias Extraordinarias'

Os oito concursantes que participaron durante o verán no concurso para atopar o mellor cantante das orquestras galegas, os padriños e os membros 
do xurado actuarán nesta gala coas súas persoas máis achegadas 

csag.gal 08/11/2025 02:00

Santiago, 08.11.2025.-      Chega unha vez máis á Televisión de Galicia o programa especial ‘A Liga das Familias Extraordinarias’ (22:10 h), en que os oito concursantes da pasada edición de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ subirán esta noite ao escenario cuns acompañantes do máis particular: avós, pais, irmáns, curmáns, todos eles unidos pola música e pola familia. Cada participante traerá unha persoa especial á que queren dicirlle cantando o importante que é para eles.

E non só os concursantes terán tan boa compañía, senón que tamén os padriños e os membros do xurado virán con xente moi especial. Por exemplo, Antón Reixa presumirá de filla e de neta, María Mera cantará coas súas dúas fillas e, como vén sendo tradición, a familia Romero estará de novo ao completo na gala máis especial de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’. 

A pesar de ser unha noite tan entrañable, os concursantes non se poden relaxar moito, porque, ademais de teren preparadas sorpresas para os seus familiares, tamén competirán entre si. Ao final do programa, o xurado integrado por Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa decidirá cal é a familia gañadora. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade