div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Riazor vibra co Xabarín da TVG no descanso do Deportivo-Mirandés

A mascota do Club da Galega lembrou os momentos máis senlleiros do R.C. Deportivo nestes 40 anos de emisións da canle autonómica

O R.C. Deportivo recibiu o carné de Socio de Honra do Club do Xabarín, nun acto con música e agasallos para o público

csag.gal 21/04/2026 12:09

Santiago, 21.04.2026.-  O Xabarín da Televisión de Galicia saltou ao céspede do Estadio Abanca Riazor este luns, 20 de abril de 2026, no descanso do partido que enfrontou ao R.C. Deportivo co C.D. Mirandés. A mascota do Club da Galega viaxou á Coruña con motivo da decisiva 36ª xornada do campionato de Liga na Segunda División, celebrando así os 40 anos da TVG e os 40 anos de retransmisións e apoio ao equipo branquiazul.

”Hai alguén ahí?” foi a mítica pregunta que se escoitou este luns no descanso do R.C. Deportivo- C.D. Mirandés, no que o Xabarín convidou a todos a formar parte da súa nova plataforma dixital Xabarin.gal

Xabarín lembrou os éxitos do R.C. Deportivo, os mellores goles, as grandes celebracións, os xogadores históricos, os títulos conseguidos e a traxectoria do club herculino nestas catro décadas de trasmisións na TVG. Os vídeomarcadores de Abanca Riazor proxectaron un vídeo conmemorativo amenizado con música do Club da Galega, a cargo dos coruñeses Os Diplomáticos de Monte-Alto.

Ademáis, o R.C. Deportivo xa é desde este luns Socio de Honra do Xabarín Club. Tamén o presidente, vicepresidenta, adestradores e todos os xogadores dos primeiros planteis masculino e feminino do club herculino recibiron o seu carné personalizado do Club da Galega. Todo, nun acto cargado de sorpresas e agasallos no estadio deportivista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade