div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Primeiro partido da pretempada do EuroCelta contra o Famaliçao, este martes na TVG 

O equipo de Claudio Giráldez enfróntase ao conxunto portugués, ás 18:00 horas, nun encontro a porta pechada en Afouteza

csag.gal 14/07/2025 12:06

Santiago, 14.7.2025.-  O novo EuroCelta bota a andar este martes, e a Televisión de Galicia será testemuña desde o primeiro minuto. A partir das 18:00 h, a TVG emitirá en directo o encontro que mide o R. C. Celta co F. C. Famalicão portugués, o primeiro partido da súa intensa pretempada 2025/26, que marca tamén o regreso do club vigués ás competicións europeas.

A cita terá lugar nas instalacións da Madroa (Afouteza) a porta pechada, pero a afección poderá seguir cada detalle grazas á cobertura en ultra alta definición da canle pública galega, así como desde calquera punto do Estado a través da plataforma AGalega.gal.

O Famalicão, equipo que finalizou sétimo na Primeira Liga de Portugal a pasada temporada, representa un primeiro test de nivel para o conxunto dirixido por Claudio Giráldez, que inicia así unha xira preparatoria por España, Portugal, Alemaña, Suíza e Reino Unido. O obxectivo: chegar en forma á súa esperada participación nas competicións continentais.

Este partido marca o inicio dunha cobertura integral, cun total de sete partidos (Sporting de Braga, C. D. Nacional Madeira, VfB Stuttgart, Grasshopper, Vitória Guimarães e Wolverhampton Wanderers), que ofrecerá a TVG ao longo deste verán, acompañando ao Celta nun camiño que esperta ilusión entre a súa afección. 
  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade