Preestrea do documental da TVG ‘Galegos na selva. Os anos de Guinea’ - CSAG
Preestrea do documental da TVG ‘Galegos na selva. Os anos de Guinea’
Dirixido por Pablo Couto García, e producido en exclusiva para a canle pública, recupera a historia da emigración galega a Guinea Ecuatorial

Santiago, 14.08.2026.- O Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial de Quintela de Leirado (Ourense) foi escenario este xoves da presentación do documental ‘Galegos na selva. Os anos de Guinea’, producido en exclusiva para a TVG no marco do apoio da canle pública ao audiovisual galego. O seu director, Pablo Couto García, recupera recupera a historia da emigración galega a Guinea Ecuatorial a través de testemuños e experiencias que permiten achegarse á vida dos galegos naquel territorio durante o período colonial.
A presentación tivo lugar precisamente no Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial, un espazo dedicado a conservar e divulgar a memoria desta emigración e a súa importancia para a historia de Galicia, e moi especialmente na provincia de Ourense. No acto púxose en valor a memoria dunha emigración que continúa a ser unha historia pouco coñecida para boa parte da sociedade galega.
Interviron Benita Sampedro Vizcaya, profesora da Universidade de Hofstra (Nova York); Pablo Pérez Pérez, director do Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial; José Antonio Pérez, alcalde de Quintela de Leirado; Pablo Couto García, director do documental, e José Carnero Cameselle, guionista do documental.