div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Os espectadores de 'Cos Pés na Terra' descubrirán esta noite un proxecto cheo de creatividade na ría de Aldán

O equipo do programa tamén estará cunha labrega que participa nunha iniciativa colaborativa e cunha apaixonada das vacas que se está a formar para ser a mellor gandeira posible

csag.gal 03/05/2026 02:00

Santiago. 03.05.2026.-    ‘Cos Pés na Terra’ (21:55 h) coñecerá hoxe unha parella de artistas: Carla, especialista en unir pintura e barro, e Tomé, cesteiro. Xuntos vannos amosar un proxecto cheo de creatividade na ría de Aldán.

No programa deste luns tamén será protagonista Nieves, unha labrega que participa nun proxecto colaborativo cunhas instalacións perfectas para transformar produto agrícola en delicias listas para saír ao mercado con todas as garantías.

Finalmente, o espazo da TVG ten unha cita con Lucía, alumna do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, onde se está a formar para ser a mellor gandeira posible. E é que a súa paixón desde que naceu son as vacas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade