div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Os espectadores de 'Cos pés na terra' aprenderán esta noite a cultivar cogomelos en interior

Tamén coñecerán un home que cambiou o mundo da empresa polo cultivo da terra e unha gandeira que controla con cámaras todo o que sucede nos seus pastos

csag.gal 22/03/2026 00:01

Santiago, 22.3.2026.-    Os espectadores de ‘Cos Pés na Terra’ (22:00 h) coñecerán este domingo a Jose, un home que cambiou o mundo da empresa por sentir canto era de produtiva a terra que o viu medrar, unha terra chea de froito.

No programa de hoxe tamén se dará conta, xunto ao irmáns Manola e Juno, de que é posible cultivar cogomelos en interior con moito éxito. Con eles, os espectadores coñecerán un proceso ben meticuloso, cheo de detalles e en que a hixiene é fundamental.

Ademais, ‘Cos Pés na Terra’ visitará a serra do Xistral da man de Mónica, unha gandeira que coida nesta marabilla natural de cabalos e de vacas. Para saber o que sucede cando ela non está, ten cámaras nos pastos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade