div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Os espectadores de 'Casamos!' asistirán este mércores á voda de Eva e Kevin, unha celebración chea de sorpresas e diversión

A cerimonia que unirá esta parella de Ferrol terá lugar nunha capela de Pontedeume que leva máis de 40 anos sen celebrar ningunha

csag.gal 29/07/2026 02:00

Santiago, 29.07.2026.-    Eva e Kevin, os protagonistas do ‘Casamos!’ desta semana (22:35 h), son unha parella de Ferrol que está a piques de cumprir o seu soño de casar. A cerimonia terá lugar na igrexa da localidade natal da noiva, Pontedeume, nunha capela que volverá acoller unha voda despois de máis de 40 anos sen celebrar ningunha.

Os espectadores da TVG verán como os noivos están a preparar unha celebración chea de diversión, con probas, xogos e numerosas sorpresas para facer partícipes os seus convidados dun día inesquecible.

Pero detrás desta historia de amor tamén hai momentos difíciles. A parella tivo que superar diversas dificultades ao longo da súa relación, experiencias que fortaleceron o seu vínculo. Con todo, Eva recoñece que aínda lle custa confiar plenamente en Kevin, unha cuestión que ambos afrontan coa ilusión de iniciar unha nova etapa xuntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade