div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O ‘Single ladies’ de Beyoncé e o ‘You can leave your hat on’ de Joe Cocker, entre as coreografías ás que se enfrontan hoxe os concursantes de ‘Bailamos Celebrity'’

A ruleta porá a bailar xuntos a Sabela Silva e Miguel Mandayo, Noelia Rodríguez e Roi Méndez, Eddy Insua e Luís Iglesia, Noelia Rey e María Mera, Trisha Fernández e Fran Cañotas e Eva Iglesias e Miguel Canalejo

crtvg.gal 13/07/2025 02:00

Santiago, 13.07.2025.-    Doce concursantes famosos continúan competindo este domingo e dándoo todo na pista de ‘Bailando Celebrity’ (22:50 h), o novo programa da Televisión de Galicia, presentado por Juan Fuentes. Cada semana forman seis parellas distintas e interpretan coreografías rompedoras. Os concursantes van acumulando puntos programa a programa, ata que no último se proclama un gañador absoluto. Compiten por un premio semanal de 1.000 euros e un final de 2.000, que se destinan ás entidades benéficas que os mesmos participantes escollen.

A ruleta de ‘Bailamos Celebrity’ porá hoxe a bailar xuntos a cantante Sabela Silva co enerxético Miguel Mandayo e a raíña do tempo, Noelia Rodríguez, co artista Roi Méndez. Unha das coreografías máis sorprendentes será a que farán Luís Iglesia e Eddy Insua cun clásico da música galega, ‘Xirarei’, de Xil Ríos. Noelia Rey e María Mera bailarán ao ritmo de ‘Suavemente’ e Trisha Fernández e Fran Cañotas farán un suxestivo baile co ‘You can leave your hat on’, de Joe Cocker. Ademais, Eva Iglesias e Miguel Canalejo emularán a Beyoncé no ‘Single ladies’.

As súas actuacións serán avaliadas polo xurado composto Fran Sieira, coreógrafo e bailador profesional; Marisa Prisa, artista drag con proxección internacional, e Silvana Sestelo, actriz e coordinadora do ballet de ‘Luar’. Eles serán os encargados de puntuar as actuacións de cada parella, de 1 a 12 puntos, segundo os seus propios criterios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade