div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O presentador Rodrigo Vázquez volve á TVG polo Nadal nos especiais de 'Atrápame se podes'

Entre o 22 de decembro e o 9 de xaneiro, regresa un dos concursos máis agardados da Galega, que se emitirá xusto antes do ‘Quen Anda Aí?’

Nas edicións das semanas de Nadal e Fin de Ano concursarán personaxes famosos, que doarán os premios a causas solidarias

Na semana de Reis Magos haberá unha edición infantil, con nenos e nenas como protagonistas do programa

csag.gal 19/12/2025 10:30

Santiago, 19.12.2025.-    O presentador galego Rodrigo Vázquez regresa polo Nadal á súa casa, á Television de Galicia, na que se deu a coñecer e desenvolveu boa parte da súa carreira. Vázquez volve á Galega para presentar os especiais de Nadal de ‘Atrápame se podes’.

Desde o luns 22 de decembro, Rodrigo Vázquez  presentará de luns a venres (15:45 h), xusto antes do ‘Quen Anda Aí?’, unha edición solidaria de ‘Atrápame se podes’, en que personaxes famosos concursarán e doarán os premios a causas solidarias. Entre eles, estarán presentadores, actores e humoristas, todos rostros ben coñecidos para os espectadores da TVG. Na semana de Reis Magos os protagonistas serán nenos e nenas, nunha edición moi especial do concurso, pensada para a audiencia máis familiar.

O formato contará con cinco roldas eliminatorias con preguntas de cultura xeral e o premio dedicarase cada día a unha organización social diferente. Cada xornada poranse en xogo 1.500 euros, que se poden entregar íntegros ou acumularse parcialmente, de xeito que o bote pode ir crecendo cada día. No caso da edición infantil, os premios non serán en metálico, senón en forma de agasallos para os participantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade