div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O mellor humor do universo 'Land Rober + Show', esta noite na TVG, cunha dobre entrega

En primeiro lugar (21:40 h), na edición habitual do programa, recupérase a sección ‘A túa cara fáiseme coñecida’, cunha famosa cantante galega como xurado

A continuación (22:50 h), ofrecerase o especial ‘Por Rober abandónasme’, que propón unha viaxe polo mellor do espazo presentado por Roberto Vilar

csag.gal 02/04/2026 02:00

Santiago, 02.04.2026.-   A Televisión de Galicia celebra o Xoves Santo cunha noite en que o humor será o protagonista indiscutible. En primeiro lugar, o programa ‘Land Rober + Show’ recupera esta noite a sección ‘A túa cara fáiseme coñecida’. O espazo contará coa participación de Roi Méndez, Rocío Varela, Eva Iglesias e Néstor Pardo. Como xurado exercerá a convidada da noite, unha cantante galega cunha ampla traxectoria a nivel nacional.

Na ficción, Roberto Vilar, Eva Iglesias e Roi Méndez interpretarán un sketch acerca dun roubo frustrado.

A continuación, ofrecerase unha nova entrega da serie de programas especiais ‘Por Rober abandónasme’, que propón unha viaxe polo mellor do universo do ‘Land Rober + Show’, cunha selección de contidos pensados para rir, en clave de entretemento familiar, e para comezar cun sorriso os días festivos da Semana Santa.

Roberto Vilar ponse á fronte dun espectáculo onde a diversión é o ingrediente principal, acompañado polos personaxes fixos que forman parte do  programa da TVG. Cada unha deles achegará o seu selo propio, creando situacións cómicas e sketchs memorables.

Así, o programa ofrecerá unha conversa co arcebispo de Mondoñedo, a única entrevista que deu nun programa deste tipo. Tamén haberá música, coa presenza das Tanxugueiras para presentar o seu novo traballo. Outro dos protagonistas desta noite de humor será o actor Luís Zahera, que contará como roubou o banco dunha igrexa con Luís Tosar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade