div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O 'Land Rober Tunai Show' despídese ao grande este xoves, antes da súa nova etapa diaria na TVG

O formato pecha a súa emisión semanal e estrea a próxima semana unha versión diaria, de luns a xoves, abrindo o prime time da TVG
  
O humorista Marcos Pereiro súmase ao show esta noite tan especial 

csag.gal 06/11/2025 00:01

Santiago, 6.11.2025.-   O ‘Land Rober Tunai Show’ pecha este xoves a súa etapa semanal para abrir as portas a unha nova era, a do ‘Land Rober Máis Show’, unha versión diaria do programa que acompañará a audiencia de luns a xoves, xusto despois da faixa informativa do serán.

Roberto Vilar e todo o equipo teñen preparada esta noite unha despedida por todo o alto. Presentarán o novo estudio e mesmo recibirán unha bendición especial polo novo programa.

Na parte de ficción, Chita converterase na musa da súa aldea, protagonista dun mural peculiar... aínda que o que máis lle preocupa é saber se vai cobrar polo seu polémico posado!

E para completar a festa,  o humorista Marcos Pereiro únese ao espectáculo desta semana. A cita, este xoves ás 21:45 horas, con Roberto Vilar e Eva Iglesias, na Televisión de Galicia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade