O incendio nunha cociña, entre as situacións en que intervirá hoxe a Policía Local en 'Código 092: en primeira liña' - CSAG
O incendio nunha cociña, entre as situacións en que intervirá hoxe a Policía Local en 'Código 092: en primeira liña'
Os axentes terán que actuar tamén nun conflito veciñal por mor duns gatos e ante uns mozos que botan lixo no monte

csag.gal
23/11/2025 00:01
Santiago, 23.11.2025.- O programa ‘Código 092: en primeira liña’ (22:00 h) trae este domingo pola noite á Televisión de Galicia novas situacións en que a Policía Local ten un papel fundamental. O incendio nunha cociña e un conflito veciñal por mor duns gatos marcarán desta volta a axenda dos axentes.
A Policía Local tamén intervirá ante uns mozos que botan lixo voluminoso no monte, e, ademais, a audiencia verá como actúan en controis rutineiros, tanto de vehículos coma de patinetes eléctricos.
CRTVG VIVA