O derbi galego entre o Obradoiro e o COB Ourense, este venres en directo na G2 e AGalega.gal - CSAG
O derbi galego entre o Obradoiro e o COB Ourense, este venres en directo na G2 e AGalega.gal
A partir das 20:00 h, os espectadores poderán ver un encontro que reúne dous dos principais representantes do baloncesto galego nun momento clave da temporada.

csag.gal
16/04/2026 17:09
Santiago, 16.04.2026.- A G2 e a plataforma AGalega.gal ofrecen este venres en directo, ás 20:00 h, a retransmisión do derbi galego entre o Monbus Obradoiro e o Club Ourense Baloncesto, un encontro que reúne dous dos principais representantes do baloncesto galego nun momento clave da temporada.
Os santiagueses dependen de si mesmos para regresar á Liga ACB, despois da traballada vitoria da semana pasada no Coliseum ante o Básquet Coruña. Mentres, o equipo das Burgas apura as últimas opcións matemáticas para entrar nos postos que dan dereito a disputar os playoff.
CRTVG VIVA