O crime de Toques e os cada vez máis estendidos calotes do amor centrarán esta noite o tempo de 'Expediente Oculto' - CSAG
O crime de Toques e os cada vez máis estendidos calotes do amor centrarán esta noite o tempo de 'Expediente Oculto'
Por primeira vez, a presentadora do programa, Patricia Abet, sairá do estudio para viaxar á illa de Sálvora, o que din que é o fogar da Santa Compaña

Santiago, 16.02.2026.- ‘Expediente Oculto’ (22:40 h) centrarase este luns nun caso aínda candente, o coñecido como crime de Toques, cuxa vítima era Julio Lea, un home de Sobrado dos Monxes que foi golpeado ata a morte e queimado por un dos seus veciños. O programa analizará este caso e falará cos veciños de Nogueira, un concello coruñés en que o responsable desta morte segue a sementar o terror.
Por outro lado, co foco na actualidade, ‘Expediente Oculto’ alertará os espectadores da TVG sobre unha verdadeira praga, a dos calotes do amor, unha epidemia en auxe que non deixa de sumar vítimas, polo que cómpre estar cos cinco sentidos alerta. Por incrible que pareza, todo o mundo pode caer máis fácil do que pensa nestas perfeccionadas redes de ciberdelincuencia.
Ademais, por primeira vez, a presentadora do programa, Patricia Abet, sairá do estudio para viaxar á illa de Sálvora, o que din que é o fogar da Santa Compaña. Alí concéntranse unha gran cantidade de formacións peculiares formacións rochosas que a imaxinación popular vinculou á lenda desta macabra procesión de ánimas en pena.
Para debullar estes temas, ‘Expediente Oculto’ contará esta noite coa participación de Jorge Sobral, Carlos Tresandí, Marcos Martínez Manteiga, Jorge Melchor, Juan Pablo Sangiao e José Antonio Vázquez Taín.