div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Novas expulsións en 'Bailamos', con dúas batallas decisivas: Noelia enfróntase a Álex e Loli, a Paulo

Coa emoción no seu punto máis alto, ao final desta gala, marcada polos conflitos, xa só quedarán oito aspirantes a gañar os 10.000 € do premio final

csag.gal 02/05/2026 00:01

Santiago, 02.05.2026.-    Despois das primeiras expulsións da semana pasada, o programa ‘Bailamos’ (22:00 h) volve despedir concursantes esta noite. As expulsións sairán de dous duelos directos: Noelia contra Álex e Loli contra Paulo. Só un participante de cada batalla continuará na competición, deixando a recta final cada vez máis axustada. 

A gala de hoxe comezará cunha potente coreografía grupal de todos os concursantes ao ritmo de ‘Aire’ das Tanxugueiras, marcando desde o inicio unha noite de máxima intensidade. O xurado amosarase especialmente esixente, nun contexto en que cada actuación pode ser decisiva. 

Un dos grandes focos estará no enfrontamento entre Noelia e Álex, que atravesan unha edición moi complicada tras semanas de relación rota. Obrigados a traballar xuntos mentres compiten entre si, protagonizarán un dos duelos máis emocionais da noite. Pola súa parte, Paulo e Loli defenderán a súa continuidade cun número cheo de enerxía e conexión, nunha batalla moi igualada. 

No plano emocional, a visita sorpresa do pai de Álex no estudio deixará un dos momentos máis especiais do programa. Ademais, Ángel protagonizará unha das confesións máis emotivas da noite. Fóra do escenario, a dinámica grupal centrada en sinalar o ‘concursante favorito’ xerará fortes tensións na academia, especialmente entre Mattia e Nely, evidenciando o clima cada vez máis competitivo. 

Coa emoción no seu punto máis alto, a gala culminará coa expulsión de dous concursantes e a definición dos catro novos candidatos, deixando a competición máis aberta ca nunca. E é que ao final desta edición de ‘Bailamos’, xa só quedarán oito aspirantes a gañar os 10.000 € do premio final. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade