div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Moaña e Noia, escenario das dúas novas entregas de 'O amor está en Galicia' que a TVG ofrece este mércores

Unha primeira cita a cegas aos 70 anos e encontros marcados por diferenzas vitais serán desta volta os ingredientes do programa

csag.gal 11/02/2026 02:00

Santiago, 10.02.2026.-  Unha primeira cita a cegas aos 70 anos e encontros marcados por diferenzas vitais que poden cambiar o rumbo das súas vidas. Estes serán os ingredientes das dúas novas entregas consecutivas de ‘O amor está en Galicia’ (22:40 h) que a TVG ofrece este mércores, con paradas en Moaña e en Noia.

En Moaña, os espectadores coñecerán unha historia pouco habitual, a de María, de 70 anos de idade e natural de Soutomaior. Esta xubilada apaixonada do baile decide darse unha nova oportunidade tras case dous anos sen parella. En fronte estará José Carlos, de 71 anos, do Porriño, tamén xubilado e grande afeccionado ás salas de festas. A pregunta é clara: pode prender o amor aos 70?

Na mesma entrega, tamén serán protagonistas Juan Andrés, de 38 anos, de orixe colombiana e en proceso de mudanza a Rianxo, e Jess, unha cociñeira de Vigo de 32 anos, amante do deporte e dos videoxogos. Será un encontro marcado polo contraste de perfís.

O espazo presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado tamén se desprazará a Noia, onde Carla, unha terapeuta pontevedresa de 41 anos, busca estabilidade e proxecto compartido. Coñecerá a Daniel, un empresario de 40 anos de Porto do Son, divorciado e pai dunha nena de 11. A conexión inicial verase posta a proba polas diferenzas sobre fillos e as prioridades vitais.

Na seguinte cita, Yolanda, unha cambadesa de 19 anos, terá unha cita con Manuel, un traballador do mar de 25 anos, natural de Vilanova de Arousa. A diferenza de idade e de carácter marcará o desenlace.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade