Luis Zahera, Baiuca, Xoel López, Tamar Novas e Pepe Solla, protagonistas este xoves no 'Land Rober non para' - CSAG
Luis Zahera, Baiuca, Xoel López, Tamar Novas e Pepe Solla, protagonistas este xoves no 'Land Rober non para'
O espazo continúa ofrecendo momentos inesquecibles con convidados de primeira liña e moita retranca galega

Santiago, 21.08.2025.- Este xoves, ‘Land Rober non para’ (22:15 h) volve apostar forte con cinco convidados de excepción que garantirán unha velada de televisión memorable. O programa, conducido por Roberto Vilar, continúa facendo honra ao seu nome e trae máis doses de humor, música e espectáculo para todos os públicos.
O inconfundible Luis Zahera protagoniza esta noite unha das intervencións máis comentadas do espazo, cunha aparición chea de retranca e enerxía, xunto con outro convidado de luxo, Baiuca, músico galego e influente de música electrónica, que mestura nas súas propostas sons de vangarda coa tradición máis nosa.
Tamén se suman ao programa Xoel López, unha das voces máis recoñecidas da música indie; o actor Tamar Novas, cunha participación chea de simpatía, e o prestixioso chef Pepe Solla, que combinará sabor e humor na súa visita ao programa.
Unha noite imperdible con estrelas que deixarán pegada polo seu humor e estilo único, neste programa estival da TVG.