div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Grandes retos esta noite para os concursantes de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios'

Virginia, a gañadora da semana pasada, fará un dúo con Diego Meza, Sabela afrontará un cambio de rexistro radical e o venezolano Yey asumirá o maior desafío cantando por primeira vez en galego

csag.gal 22/11/2025 02:00

Santiago, 22.11.2025.-       A TVG ofrece esta noite a segunda entrega da sétima temporada de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ (22:00 h), o programa en que oito intérpretes galegos aspiran a converterse no mellor de Galicia e triunfar na verbena galega. Para isto están apadriñados por catro das mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Los Satélites e Olympus.

Tras a vitoria de Virginia a semana pasada, tocaralle agora facer un dúo co seu compañeiro Diego Meza. Sabela, a outra gran finalista, tamén afrontará retos neste programa, facendo un cambio de rexistro radical. Pero dos oito concursantes será o venezolano Yey o que encare o maior desafío cantando por primeira vez en galego. 

As súas actuacións serán avaliadas, coma sempre, polo xurado formado por Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa, catro profesionais que achegan unha ollada ampla e experta sobre o talento galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade