div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Efecto Pasillo, Astarot e Alana presentan novos sinxelos en 'Luar', esta noite con temática animal

O espazo complétase este venres coas actuacións de Ultreia, Nuevo Tango e o espectáculo de Noelia Rey, xunto ás intervencións humorísticas de Todo Mal e Rosita de Penelas

csag.gal 27/03/2026 00:01

Santiago, 27.3.2026.-    O ‘Luar’ (21:40 h) propón esta semana un programa inspirado no mundo animal, nunha noite chea de novas propostas musicais e moito humor. O arranque correrá a cargo dos canarios de Efecto Pasillo, unha das bandas máis populares do pop español dos últimos anos, que interpretará os seus novos sinxelos ‘Buen café’ e ‘Cuando me siento bien’, ambos temas vitalistas e frescos incluídos no seu último EP ‘Lágrimas bajo el sol’. 

Astarot, a histórica banda galega referente do rock bravú e da música reivindicativa en Galicia, traerá esta noite tamén o seu novo sinxelo ‘Somos’, un himno que celebra a identidade, a resiliencia e a cultura galega, fusionando o rock moderno coas raíces celtas. 

A noite continuará coa actuación do proxecto musical Alana, trío musical ourensán, formado por Antía Vázquez, Pablo Castro e Eloy Vidal, que fusiona a música tradicional galega co pop e a electrónica, e que presentará a súa nova canción ‘Vilardevós’, baseada nunha recollida sonora a unhas veciñas do concello ourensán Terroso. Este novo sinxelo é o primeiro adianto do seu segundo álbum, ‘Un saber’.

Sobre o escenario de ‘Luar’ destacará, amais, a música tradicional da agrupación compostelá Ultreia e, cómpre salientar tamén, o número en formato lip-sync, ao estilo dos grandes espectáculos televisivos, que desenvolverá Noelia Rey para recrear o tema ‘Superestrella’.

O programa completarase coa participación da Orquesta Nuevo Tango e co humor de Todo Mal, dúo artístico formado por Carla e Marcos, e de Patricia Vázquez, que regresará co seu coñecido personaxe de Rosita de Penelas. Amais, non faltará a emoción do certame ‘Recantos’, nesta ocasión, con Lu Pérez (procedente da Arousa) e Rocío (Lugo Centro) en competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade