Despois de 16 anos xuntos, Susana e Juanjo uniranse hoxe en matrimonio no programa 'Casamos!' - CSAG
Despois de 16 anos xuntos, Susana e Juanjo uniranse hoxe en matrimonio no programa 'Casamos!'
A parella coidou cada detalle dunha celebración íntima que compartirán con familiares e amigos

csag.gal
13/10/2025 02:00
Santiago, 13.10.2025.- Susana e Juanjo, os protagonistas do programa ‘Casamos!’ (21:45 h) deste luns, contraen matrimonio despois de 16 anos xuntos. A súa historia comeza en Barcelona, terra natal de Juanjo e onde Susana traballaba. Anos despois volveron a Galicia e agora casarán nunha voda íntima con familiares e amigos.
Os espectadores asistirán a todos os preparativos da celebración, que os noivos coidaron con detalle e onde o máis rechamante será un bingo co que os convidados poden gañar moitos premios.