div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Conta atrás en 'O home perfecto', onde a denuncia de Rebeca fai saltar polos aires a vida de Guille

Na dobre entrega desta noite, as novas pistas precipitan unha carreira desesperada cara á verdade, incluso a noticia da morte de Guillerme, que non acaba de encaixar

csag.gal 25/11/2025 00:01

Santiago, 25.11.2025.-    A serie ‘O home perfecto’ (23:00 h) encara a súa recta final coa emisión este martes de dous novos capítulos. Na primeira entrega, ‘Entre o amor e o odio’, a denuncia pública de Rebeca provoca un tsunami nas redes: mensaxes de apoio, insultos, memes... Pero tamén testemuñas, nomes e pistas. Guille ve como o cerco se estreita e decide que chegou o momento de desaparecer sen deixar rastro, sen dar opción.

Mentres Vicky e Rebeca intensifican a busca, Catuxa conecta os puntos: cada identidade usada por Guille vén dunha vítima anterior. Ese patrón podería conducilas ata o su nome real. E a nai del, Rocío, podería ser a peza que falta. A investigación dá un xiro decisivo cando Berto localiza o coche de Agustín. Rebeca e Vicky son as primeiras en chegar, pero o que parece unha resposta quizais non sexa máis que o principio doutra caída. Porque fuxir non sempre é marchar.

Se Guille vive, alguén está axudándoo

No segundo episodio da noite, ‘Nai só hai unha’, a noticia da morte de Guillerme non acaba de encaixar. Vicky insiste en que todo foi unha montaxe e arrastra a Rebeca na busca de probas. Pero cada paso cara á verdade tamén é un paso cara ao abismo. Xa que se Guille está vivo alguén lle ten que estar axudando a ocultarse. 

Mentres tanto, Rebeca trata de retomar a súa vida, pero a exposición pública non dá tregua os memes, as fotos ou os comentarios tamén deixaron marca. Serena e Xabi fan o posible por arroupala, pero ela sabe que chegou o momento de dar un paso atrás, de reconstruírse lonxe dos focos. 

Na súa investigación, Vicky chega ao límite, o que pon en risco o seu traballo, a súa saúde e a súa relación con Catuxa. E tamén a relación con Neves, que segue ingresada e alerta. Todo cambia cando a última peza encaixa, cando descobren que Rocío non era quen dicía ser. Agora saben que non rematou nada e que todo volve empezar. E que hai feridas que non se pechan ata que se enfrontan cara a cara.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade