div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Andoni Aldekoa, director xeral de EITB, é elixido novo presidente da rede europea CIRCOM Rexional

A súa elección marca un fito na organización europea, ao ser a primeira vez que un directivo de FORTA asume o cargo, en substitución do noruegués Eivind Jacobsen

Andoni Aldekoa reafirmou o “traballo que realizamos nas televisións públicas de proximidade” como “garantes da proximidade” e da “diversidade cultural”

csag.gal 25/05/2026 13:39

Santiago, 25.05.2026.-     O director xeral de Euskal Irrati Telebista (EITB), Andoni Aldekoa, foi elixido novo presidente de CIRCOM Rexional, a Asociación Europea de Televisións Rexionais. A elección de Aldekoa enmárcase na celebración en Tampere (Finlandia) da 42ª Conferencia Anual dunha organización da que forman parte 29 países, 40 grupos de comunicación e unha rede de 230 centros de produción.

Andoni Aldekoa, representante de España e membro do Comité Executivo de CIRCOM, substitúe o noruegués Eivind Jacobsen na presidencia, quen ocupaba este posto desde o ano 2022. A chegada de Aldekoa á presidencia de CIRCOM supón outro fito: é o primeiro representante de FORTA en acadar esta posición. A elección entra en vigor desde este luns 25 de maio. Tras a súa elección, Andoni Aldekoa destacou que “este recoñecemento é un aval ao traballo que realizamos nos medios públicos de proximidade, garantes da proximidade coa cidadanía e motores fundamentais para a diversidade cultural no espazo audiovisual europeo”.

Aldekoa desempeña desde 2020 o cargo de director xeral de EITB, membro de FORTA, e conta cunha traxectoria profesional estreitamente vinculada ao xornalismo e á xestión institucional. Para Fernando Ojea, secretario xeral de FORTA e exsecretario xeral de CIRCOM, a elección de Aldekoa é “un impulso máis ao labor conxunto das nosas entidades para proxectar o modelo de medios públicos de calidade que realizamos, e un fito que demostra o prestixio das cadeas de FORTA no marco audiovisual europeo”.

Nesta 42ª Conferencia CIRCOM Rexional (Tampere, 21 e 22 de maio), os membros de FORTA acadaron o seu mellor palmarés histórico nos premios Prix CIRCOM 2026. Concretamente, 3Cat e TVG foron distinguidas con varios galardóns. O espazo ‘Land Rober + Show’ gañou o Prix Circom na categoría de mellor programa de entretemento, e a serie ‘Lume’ de TVG e RTP acadou unha mención especial, mentres que 3Cat se alzou co Grand Prix CIRCOM 2026 polo documental ‘Et faran un home. Morts silenciades’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade