div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

AGalega.gal emite en directo sete concertos do festival PortAmérica

Love of Lesbian, La La Love You ou Marisa Valle Roso, entre as actuacións que se poderán seguir en directo na plataforma dixital da Corporación

Os sete concertos poden gozarse en www.AGalega.gal desde este xoves, coa banda valisoletana Siloé (20:15 h)

crtvg.gal 03/07/2025 13:18

Santiago, 3.7.2025.-  A plataforma AGalega.gal ofrecerá sete concertos en directo desde o festival PortAmérica, que se celebra desde hoxe e durante a fin de semana en Azucreira de Portas (Pontevedra). PortAmérica é un dos encontros musicais máis recoñecidos do verán, cun cartel diverso, marcado pola conexión coa cultura iberoamericana, a gastronomía e o compromiso coa sustentabilidade.

A retransmisión dos concertos en AGalega.gal comeza este mesmo xoves 3, coa enerxía pop-rock da banda valisoletana Siloé, ás 20:15 horas. Xa de madrugada, ás 01:00 h será a quenda de La La Love You, un dos grupos revelación dos últimos anos no panorama indie estatal, coñecido por éxitos como ‘El fin del mundo’.

O venres 4, a emisión comezará coa actuación de Merino (18:45 h), prometedora banda madrileña de pop, e ás 20:00 h será a quenda da asturiana Marisa Valle Roso, unha das voces máis recoñecidas do novo folclore da súa terra, que fusiona con pop e electrónica. 

A noite pecharase coa actuación estelar de Love of Lesbian (23:15 h), banda de referencia no indie-pop español, que regresa a Galicia cun repertorio cheo de himnos.

O sábado 5 de xullo, a plataforma AGalega.gal ofrecerá dous directos máis: ás 18:00 h, Carla Lourdes, unha das voces emerxentes do pop español, e ás 20:00 h, Travis Birds, compositora madrileña cuxa música se caracteriza por melodías envolventes, letras profundas e unha voz con personalidade.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade