div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A TVG foi a canle máis vista no Día de Galicia

O ‘Especial Fogos do Apóstolo’ o 24 e a ‘Ofrenda Nacional ao Apóstolo’ o 25 foron os espazos máis seguidos

Preto de 700.000 galegos viviron os días grandes de Galicia a través das pantallas da Galega

crtvg.gal 26/07/2024 11:47

Santiago, 26.07.2024.-  Os galegos celebraron o Día de Galicia da man da TVG, xa desde a noite do 24, en que o ‘Especial Fogos do Apóstolo’ foi a emisión audiovisual con máis audiencia de Galicia, cunha cota do 22,7%. A Televisión de Galicia case duplica as audiencias do seu competidor máis próximo, durante a emisión deste espazo en directo desde as festas de Compostela.

Os fogos foron emitidos no marco da ‘Gala do 24 de xullo’, o espazo que,  presentado por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Veiga, chegou ao maior número de galegos na xornada previa ao 25 de xullo.

O 25, Día de Galicia, TVG volveu ser a canle líder e a súa retransmisión da ‘Ofrenda Nacional ao Apóstolo’ foi o programa máis visto durante a súa franxa de emisión, cunha cota media do 17,1%. Despois deste espazo, o ‘Telexornal Mediodía’ recuperou as mellores imaxes da celebración nunha emisión especial desde a praza do Obradoiro. A audiencia da TVG nestes días 24 e 25 de xullo foi de 690.000 galegos (de máis de catro anos).

A Televisión de Galicia está a celebrar a Semana Grande de Galicia cunha programación especial que inclúe unha ampla despregadura de programas en directo desde as rúas de Santiago e conexións con toda Galicia, ademais de cinema galego e máis música.

Este mesmo venres á noite (22:00 h) TVG convida os seus espectadores a asistir en primeira fila á última actuación que ofreceu unhas das orquestras máis importantes de Galicia e de España no centro monumental de Santiago de Compostela: ‘Panorama. O meu último concerto no Obradoiro’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade