div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A Televisión de Galicia, galardoada polo seu labor divulgativo nos premios portugueses Vinhos do Atlântico

A canle foi distinguida no apartado de comunicación social pola súa promoción dos caldos galegos e da cultura atlántica

Estes premios recoñecen a excelencia e a innovación do sector vitivinícola de Galicia e o norte de Portugal

crtvg.gal 19/06/2025 11:03

Santiago, 19.06.2025.-    A Televisión de Galicia recibiu a pasada fin de semana, na localidade portuguesa de Valença do Minho, o Prémio Vinhos do Atlântico na categoría de comunicación social, en recoñecemento polo seu labor divulgativo dos viños galegos e da cultura atlántica. O galardón foi recollido polo director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias.

No certame, ademais de recoñecer o labor da CRTVG, entregáronse galardóns a distintas persoas, empresas e proxectos relacionados coa produción, a investigación, a innovación, a divulgación, o turismo e a sustentabilidade.

Concibidos como distincións honoríficas e non competitivas, estes galardóns recoñecen o mérito e o compromiso de figuras e proxectos de Galicia e dos Vinhos Verdes (variedade portuguesa elaborada na rexión entre o Douro e o Miño) que destacan pola súa contribución ao sector e que elevan os viños atlánticos a un novo nivel de excelencia e relevancia internacional. Estes premios teñen tamén como obxectivo reforzar lazos entre esta rexión lusa e Galicia, afirmando o viño como produto cultural, económico e identitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade