div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A serie da TVG 'Pensión incompleta', Premio á Diversidade Lingüística do Estado Español

Producida por TVG, ETB e 3Cat, é a primeira serie rodada nas catro linguas oficiais: castelán, galego, éuscaro e catalán

A comedia grávase en localizacións de Galicia, Euskadi e Cataluña e chegará á pantalla da Galega este 2026

csag.gal 16/04/2026 10:51

Santiago, 16.04.2026.-     ‘Pensión incompleta’, o proxecto das televisións autonómicas TVG, EITB e 3CAT, foi recoñecida co Premio á Diversidade Lingüística do Estado Español, unha distinción que outorgan anualmente as comunidades autónomas con idioma propio. A ficción galega, que se estreará ao longo deste 2026, é a primeira serie rodada nas catro linguas oficiais de España: castelán, galego, éuscaro e catalán. Este foi o motivo polo que a comisión de seguimento do protocolo de colaboración en materia de política lingüística subscrito polos Gobernos de Galicia, Cataluña, Euskadi, Navarra, Valencia e Illas Baleares decidiu concederlle o galardón.

‘Pensión incompleta’ é unha comedia con aires de thriller en que un grupo de viaxeiros do Imserso procedentes de distintas rexións de España se ve envolto nunha trama de roubos de obras de arte. Voz Audiovisual produce esta road movie pensada para ser gozada en versión orixinal que pasa por todas as comunidades e na que mandan os maiores de 60. Para o catalán Jesús Font, director da serie xunto á cubanogalega Giselle Llanio, os personaxes da ficción son “auténticos, interesantes, como calquera persoa desta idade de hoxe en día”. Por iso, cada un deles fala no seu idioma, aínda que teñen o castelán como base para entendérense.

Esta serie coral está concibida como unha road movie que amosará localizacións de Galicia, Euskadi e Cataluña, entre elas Muxía e Santiago de Compostela. No elenco figuran intérpretes como Ane Gabarain e Joseba Apaolaza, xunto a destacados artistas galegos, encabezados por Luís Iglesia, Cristina Andrade, Manuel San Martín e María Costas.

A proposta constitúe un modelo pioneiro de coprodución pública autonómica, cunha estrutura narrativa compartida. Dirixida por Jesús Font e Giselle Llanio, a serie aposta pola diversidade lingüística como motor narrativo, xa que cada personaxe expresa a súa identidade no seu idioma natal, reservando o castelán para as escenas corais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade