div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A película 'San Simón', participada pola TVG, celebrou este mércores a súa preestrea nos Cines Tamberlick de Vigo

A ollada do director Miguel Ángel Delgado ao pasado dunha illa que funcionou durante case sete anos como prisión franquista chegará ás salas comerciais o venres 24

Proxectada nos festivais de San Sebastián e Ourense, obtivo neste último a Calpurnia á mellor película na sección ‘Panorama Galicia’

 

csag.gal 23/10/2025 11:39

Santiago, 23.10.2025.-    Os Cines Tamberlick de Vigo acolleron este mércores a preestrea da película ‘San Simón’, dirixida por Miguel Ángel Delgado e participada pola TVG, que chegará ás salas de cinema mañá venres.

O filme é unha elexía á memoria dunha illa que funcionou durante case sete anos como prisión franquista. A historia sitúase en outubro de 1936, cando o réxime de Franco creou centos de campos de concentración por toda España e converteu o antigo lazareto de San Simón nun lugar de morte, onde os prisioneiros republicanos sofren a represión rodeados dunha beleza abraiante.

En branco e negro e cos recordos dun dos presos como fío condutor, ‘San Simón’ ofrece unha ollada ao pasado da illa desde o punto de vista das vítimas, reflectindo os traballos forzosos aos que eran sometidos os presos, pero tamén a insalubridade á que debían facer fronte nesta colonia penitenciaria.

O elenco de ‘San Simón’ mestura actores profesionais con outros sen experiencia previa. Entre eles están Flako Estévez, Alexandro Bouzó, Guillermo Queiro, Ana Fontenla, Mª del Carmen Jorge, Manuel F. Landeiro, Lucía Amarelle, Javier Varela, Tatán, Darío Fernández e Andrés Giráldez. Entre os membros do equipo artístico e técnico destaca a participación de fillos e netos dos presos de San Simón. 

A película iniciou recentemente a súa andaina de proxeccións na sección ‘Made in Spain’ do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, onde foi a única cinta proxectada en galego. A súa estrea en Galicia tivo lugar na sección ‘Panorama Galicia’ do Ourense Film Festival (OUFF), onde recibiu o Premio Calpurnia á Mellor Película.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade