div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Somos animais' enfróntase ao reto de coidar máis de 20 animais e de educar un galgo xordo

Hugo Cabaleiro e os expertos do programa amosan en casos reais como resolver situacións complexas coas mascotas

csag.gal 09/04/2026 00:01

Santiago, 9.4.2026.-  O programa ‘Somos Animais’ (22:40 h) continúa percorrendo Galicia para axudar propietarios con problemas cotiáns coas súas mascotas. Nesta ocasión, Hugo Cabaleiro e o equipo de expertos afrontan dous retos moi especiais que porán a proba a súa experiencia no comportamento animal.

Samu, o educador de cans e cabalos do programa, acompañará a Hugo para botarlle unha man a Mónica, que ten ao seu cargo máis dunha vintena de animais de distintas especies, entre cans, cabalos, burros e cabras. O reto será organizar e mellorar a convivencia entre todos eles para facilitar o seu coidado diario.

Pola súa parte, Jorge coñecerá unha parella que acaba de adoptar un galgo agarimoso e moi divertido, pero que ten unha particularidade: é completamente xordo. A través deste caso, o programa amosará como se pode educar un can que non escoita, utilizando métodos adaptados e técnicas de comunicación diferentes.

‘Somos Animais’ é un ‘reality’ que busca ensinarlle ao público a resolver os problemas que xorden na convivencia cos animais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade