div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Galicia bonita' volve este martes á TVG cunha reforma en Longoseiros, no Carballiño

Rosa Facal e o seu equipo deberán superar os problemas de espazo para facer todos os arranxos precisos na vivenda 

csag.gal 01/09/2026 00:01

Santiago, 1.9.2026.-  Televisión de Galicia estrea este martes en prime time a nova temporada de ‘Galicia bonita’ (22:05 h), o programa conducido pola arquitecta Rosa Facal, especializada en recuperación de vivendas no medio rural. En cada entrega, Rosa percorre Galicia para localizar casos de feísmo e, coa axuda dos veciños e do seu ‘equipo de arranxos’, devolve a dignidade a vivendas e espazos degradados. O feísmo galego, desprezado por uns e tolerado por outros, é unha característica propia da paisaxe rural galega contra a que Rosa e o seu equipo loitan cada semana.

No primeiro episodio desta nova etapa, o equipo desprázase ata Longoseiros (O Carballiño), onde a arquitecta e o seu equipo coñecen a Loli. A reducida propiedade dificulta o repartimento de tarefas e a colocación de materiais e máquinas. A propietaria quere arranxar un muro medio caído, unha varanda nova para as escaleiras, limpeza da corte e melloras na fachada e no tellado, así como o patio de entrada..., e todo iso facendo fronte ás inclemencias do tempo. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade