div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Galicia bonita' acomete esta noite dous retos arduos: un 'chabolo' no Pino e unha casa abandonada en Verín

Rosa Facal e os seus colaboradores reformarán unha casa illada e sen cobertura e recuperarán unha propiedade esquecida durante dez anos

csag.gal 01/10/2025 00:01

Santiago, 1.10.2025.-  O programa ‘Galicia bonita’ (22:30 h), que se emite este mércores á noite na Televisión de Galicia, levará o seu equipo a enfrontarse a dúas reformas tan laboriosas como singulares.

No Pino, Rosa Facal e os seus colaboradores terán que sacar adiante en só cinco días o ‘chabolo’, unha casa construída aos poucos, con bloque á vista, unha piscina sen forrar, varios pendellos por camuflar e un hórreo de ferro por recuperar. As condicións non lles serán nada favorables: o illamento extremo, a falta de cobertura, a calor abafante e a peculiar devoción da nai da familia por un banco de Bieito XVI complicarán unha tarefa xa de por si dura. Ademais, o anfitrión, José Luis, está de baixa laboral e advirte de que non pode botar unha man, aínda que lles ofrece a axuda do seu cuñado Javier.

Despois, o equipo viaxará a Verín, onde atopará a propiedade de Miryam, cunha leira descoidada e unha casiña en estado de total decadencia tras dez anos de abandono. A dona, que acaba de herdar o lugar, quere devolvelo á vida para que as súas fillas pequenas coñezan as raíces familiares e gocen da casa e da leira. Pero a falta dun baño utilizable converterase nun dos maiores quebrados de cabeza desta entrega de ‘Galicia bonita’.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade