div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Colle pan e molla' achega esta semana a multitudinaria Festa dos Callos de Meis

Eddy e Violeta trasládanse hoxe ás Rías Baixas para vivir a 34 edición deste evento, coñecer os segredos deste prato e mesmo competir pola mellor elaboración 

csag.gal 15/07/2026 00:01

Santiago, 15.7.2026.-  ‘Colle pan e molla’, o novo espazo da TVG que percorre algunhas das festas gastronómicas máis emblemáticas de Galicia, asiste hoxe á 34 edición da Festa dos Callos de Meis (22:45 h). Trátase da festa máis quente das Rías Baixas, en que milleiros de valentes se lanzan polas súas 6.000 racións de callos. 

O programa comezará dando a coñecer todo o relacionado co mundo deste prato. Desde a selección do produto ata o seu cociñado. Neste percorrido, os presentadores Eddy Insua e Violeta Crespo chegarán ao campo da feira do mosteiro para aprender, pero tamén para traballar. Porque as festas de San Bieito dan moito choio ás decenas de voluntarios e precisan a súa colaboración. O equipo do 'Colle pan e molla' porá a proba o público de Meis, que ademais, terá que elixir entre a tapa de callos que propón Eddy e a de Violeta. Cal elixirán? 

Con moito humor de fondo e un ambiente festivo, ‘Colle pan e molla’ mestura diversión, cultura e moita festa, coa intención de achegar os eventos que mellor representan a riqueza gastronómica de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade