div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Unha mostra de ADN no cadáver, clave na resolución dun asasinato en Ordes que aborda hoxe 'Desafíos criminais'

Antes do crime, a vítima chamara ao 112 para denunciar unha pelexa en que estaba involucrado. A Garda Civil cre que a rifa estaba relacionada co tráfico de drogas

crtvg.gal 18/05/2025 00:01

Santiago, 18.05.2025.-  O novo espazo ‘Desafíos criminais’ (23:00 horas) achega hoxe o caso dun asasinato en Ordes, entrega que leva por título 'Ninguén será esquecido'. Ás 03:45 horas da madrugada do 14 de xullo de 2016, un home realiza unha chamada ao 112 para denunciar unha pelexa na que se viu involucrado. Pouco despois desa chamada será asasinado. Trátase de Álvaro Paredes, de 24 anos de idade, que vivía xunto a súa parella e a filla que tiñan en común. 

Os investigadores cren que o crime estivo motivado por unha discusión relacionada co tráfico de estupefacientes a pequena escala. Nesa disputa, a vítima é acoitelada e o seu asasino, Julián Eduardo V. T.,   foxe a Colombia, país do que é orixinario. Grazas a un resto de ADN que aparece no cadáver, a Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña identifícao como asasino do rapaz.

‘Desafíos criminais’ é un docushow procedemental de carácter policial que descobre as claves que permitiron resolver os casos máis relevantes na historia recente de Galicia baixo a investigación da Garda Civil. Crimes sen resolver, probas esquivas, xiros inesperados... e a incansable loita por atopar a verdade. ‘Desafíos criminais’ ten unha única misión: entender como se chega ata a solución.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade