Unha artesá especializada na fabricación de sombreiros amosará esta luns o seu traballo en 'Cos pés na terra' - CRTVG
Unha artesá especializada na fabricación de sombreiros amosará esta luns o seu traballo en 'Cos pés na terra'
O programa tamén coñecerá un proxecto de aloxamento rural onde se pode comer ‘shiitake’ e un rabaño ben numeroso de ovellas galegas

Santiago, 19.05.2025.- Elegancia dos pés á cachola. Isto é o que haberá hoxe en ‘Cos pés na terra’, que coñecerá a Julia, artesá especializada na fabricación de sombreiros inspirados no noso baile e traxe tradicional.
Por outro lado, o programa proporalles aos espectadores da TVG comer ‘shiitakes’ no aloxamento rural de Alejandro, que restaurou a casa de seu avó. Un proxecto que comparte coa súa compañeira María nun lugar cheo de historias ben curiosas e con bo sabor.
Ademais, ‘Cos pés na terra’ visitará a David no seu paraíso na aldea da Tellada, que comparte coas súas ovellas, galegas, por suposto, un rabaño ben numeroso, por máis que non saiba exactamente cantas ten.