div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Os medios públicos galegos ofrecen, en directo, este mércores a primeira xornada do debate anual de política xeral

Desde o Parlamento de Galicia, a CRTVG transmitirá as intervencións en sesión de mañá e de tarde, así como o pleno do venres

Tanto a emisión da TVG como da G24.gal incorporan intérprete en lingua de signos
 

crtvg.gal 22/04/2025 20:00

Santiago, 22.04.2025.-  Os medios públicos galegos ofrecen este mércores, en directo, o debate anual de política xeral desde o Parlamento de Galicia, ás 10:00 h. O debate poderase seguir na TVG, Radio Galega e a través da canle informativa G24.gal. As retransmisións ofreceranse con intérprete en lingua de signos.  

O xornalista Jesús Fontenla comentará para os espectadores dos medios públicos galegos todo o que aconteza desde o Parlamento de Galicia. Pola súa parte, Carlos Amado estará á fronte do Especial Informativo da TVG en San Marcos e Kiko Novoa, no estudio da Radio Galega, ambos os dous apoiados por cadansúa mesa de analistas.

O pleno do venres, que arrancará ás 11:00 horas, concluirá coa votación das proposicións e poderase seguir en directo e con intérprete en lingua de signos a través da G24.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade