div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

O Arenteiro-Lugo da Primeira RFEF e o Fuenlabrada-Obradoiro da 1ª FEB de baloncesto, partidos destacados esta fin de semana na G2 e AGalega.gal

O domingo pola mañá celebrarase a penúltima xornada de Segunda Federación, cos encontros Coruxo-Raio Cantabria e Bergantiños-Escobedo

crtvg.gal 25/04/2025 16:03

Santiago, 25.04.2025.-    Esta fin de semana comezan a decidirse algunhas das competicións da temporada deportiva na segunda canle da Televisión de Galicia e na plataforma AGalega.gal

O sábado, desde as 17:00 h, o equipo de Deportes da TVG daralles cobertura aos deportes tradicionais coa disputa da Copa Galega de Fútbol Gaélico en Ribeira e a Supercopa de Chave e Billarda desde A Coruña. 

Ás 19:00 h chegará o fútbol da Primeira RFEF, co derbi no Espiñedo entre o Arenteiro e o Club Deportivo Lugo. Os dous equipos están parellos na clasificación e quen gañe os puntos desta xornada dará un chimpo para escapar da zona perigosa. A partir das 21:00 h, o motor terá presenza na G2 coa emisión do programa que actualizará toda a información do mes de abril.

O domingo, a xornada matinal estará marcada pola penúltima xornada da Segunda RFEF, con horario unificado ás 12:00 h. Desta volta, os partidos protagonistas son catro: Laredo-Fabril, Coruxo-Raio Cantabria, Ávila-Compostela e Bergantiños-Escobedo. O Fabril pelexa por entrar na fase de ascenso, á que aínda opta o Bergantiños, pero non depende de si. Pola sua parte, Coruxo e Compostela disputan cadanseu encontro chave para fuxir do descenso directo e mesmo da promoción de permanencia.

Xa pola tarde, ás 17:00 h, o estadio do Couto acollerá a festa do ascenso da Unión Deportiva Ourense polo ascenso á Segunda RFEF fronte a un rival, o Alondras, que xoga moito de cara ao seu obxectivo de disputar as eliminatorias de ascenso. 

A partir das 19:00 h, o pavillón Fernando Martín será o punto de directo da G2, coa disputa do partido da Liga de Primeira Federación de baloncesto entre o Fuenlabrada e o Obradoiro. O equipo santiagués está xa quinto na clasificación, pero nas tres últimas xornadas non descarta seguir escalando para ter maior vantaxe nos cuartos de final que preceden á final a catro pola praza de ascenso á Liga ACB.

En Xogo
O domingo pola noite, contra 22:25 h, o programa ‘En Xogo’ resumirá na G2 todo o sucedido durante na fin de semana cos equipos galegos. Os espectadores poderán gozar de amplos resumos dos partidos Rácing de Santander-Deportivo da Coruña, xunto a todos os goles das Ligas da Federación. Desde o luns pola mañá, o programa está dispoñible na plataforma AGalega.gal.

Telexornais Deportes
Durante a fin de semana, os espectadores da primeira canle da Televisión de Galicia teñen amplos espazos de información deportiva dentro dos informativos ‘Bos Días’, ‘Telexornal Mediodía’ e ‘Telexornal Serán’, coa última hora dos principais partidos do calendario galego nas categorías de elite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade