div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Estrea especial no Día das Letras de 'O corpo aberto', premiada longametraxe de terror participada pola TVG

Dirixida por Ángeles Huerta e baseada nun relato de Méndez Ferrín, conta cun elenco encabezado por Tamar Novas e a portuguesa Victoria Guerra

crtvg.gal 17/05/2025 00:01

Santiago, 17.05.2025.-  Televisión de Galicia estrea o Día das Letras Galegas a multipremiada ‘O corpo aberto’, película dirixida por Ángeles Huerta e participada pola TVG, que parte dun relato de Xosé Luis Méndez Ferrin (‘Lobosandaus’, en Arraianos) para crear unha longametraxe definida como de ‘terror folk’, que combina o xénero de terror e o drama rural, e sorprende pola súa feitura técnica e atmosfera envolvente. 

A trama da película aborda a crenza popular galega das almas errantes na busca de corpos que habitar. Ao tempo que un mestre novo chega a Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais, o falecemento dun veciño libera un espírito que busca continuar a súa existencia entre os vivos. Dan vida a esta inquietante historia un elenco encabezado por Tamar Novas, María Vázquez, Victoria Guerra, José Fidalgo, Federico Pérez, Miquel Ínsua e Elena Seijo

Cómpre salientar tamén o protagonismo que adquire na película a banda sonora, creada por Mercedes Peón, así como a potencia visual das localizacións na zona da Raia, entre os concellos de Muíños, Lobeira, Calvos de Randín, Tourme e Pitoes. 

‘O corpo aberto’, cinta triunfadora nos Premios Mestre Mateo de 2023, é unha coprodución entre a galega OlloVivo, a catalá Fasten Films e a portuguesa Cinamate, co apoio da TVG, Agadic, ICAA, e RTVE.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade