div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

As claves dun dobre crime en Xermade, cuxos asasinos actuaron cunha violencia extrema, en 'Desafíos criminais'

A noite do 22 de febreiro de 2012, dous encapuchados entran nunha casa en Burgás e asasinan brutalmente a dous membros dunha familia. Só hai unha supervivente

crtvg.gal 29/06/2025 00:01

Santiago, 29.6.2025.-   A noite do 22 de febreiro de 2012, dous encapuchados entran nunha vivenda na aldea de Burgás (Xermade). Ao día seguinte, un amigo próximo atopa os corpos dos membros da familia asasinados brutalmente. Tan só hai unha supervivente. Este é o comezo este domingo do crime que abordará ‘Desafíos criminais’ e que leva por título ‘Sadismo’.

Apenas tres meses despois de aparecer mortos un xubilado de 74 anos, Víctor, e o seu fillo Eulogio, de 51, no interior do seu domicilio en Burgás, a Garda Civil detén dous presuntos autores do dobre crime, Brais e El Pibe. A nai de Eulogio, Domitila, de 77 anos, salvouse de milagre, aínda que resultou malferida. Os detidos, que os asasinaron cunha violencia extrema, pertencen ao grupo de amizades de Vilalba do fillo. Desde o principio barallouse a hipótese de que o crime fora cometido por unha débeda ou un axuste de contas por drogas.

‘Desafíos criminais’ é un docushow procedemental de carácter policial da TVG, que descobre as claves que permitiron resolver os casos máis relevantes da historia recente de Galicia baixo a investigación da Garda Civil.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade