div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Alba Navarro revoluciona hoxe 'A liga dos cantantes extraordinarios', coa clasificación de dous finalistas

A cantante canaria e os padriños dos concursantes farán gozar os espectadores cun popurrí dos merengues máis coñecidos 

crtvg.gal 01/07/2025 00:01

Santiago, 1.7.2025.-  Os oito concursantes de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (22:30 h) seguen medindo as súas voces e poñendo en práctica o que día a día lles di o xurado. Na súa oitava emisión, o concurso volve recibir a visita como ‘extraordinaria de ouro’ de Alba Navarro, cantante da París de Noia que chega e pon en revolución a todo o estudio, tal e como é habitual nela. 

E é que esta noite regresan as temidas ‘particellas’, que indicarán quen son os dous concursantes que pasan esta noite a ser finalistas. Outra das ‘particellas’ será a temida ‘Sobes ou baixas’, que fai efecto na clasificación final da gala e deixa un concursante ás portas de cantar na final. Pola súa parte, César Romero tenlles preparado a Alba Navarro e aos padriños un ‘medley’ ou popurrí de merengues míticos.

Os concursantes están apadriñados por artistas que representan as catro mellores orquestras de Galicia. Deste xeito, Yordanys Miguel e Lucía Samoelle contarán co apoio de Blas como padriño pola escudaría París de Noia; Jesús Mogo e Nerea Blanco contan con Nati Méndez, da Panorama; Aroa Miralles e Ángel Mosquera están apoiados por Diego Barbazán, da Olympus, e Kelly Tajes e Iván Pérez teñen ao seu carón como padriño a Noly, de Los Satélites. E como en cada entrega, a presentadora María Mera, César Romero e o xurado, integrado polo produtor musical Iago Pico e os artistas Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa, achegarán as súas impresións sobre as actuacións dos concursantes. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade