div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A voz potente e inconfundible de Francisco enche o escenario de 'Luar' este venres

O artista interpreta ‘México’ e unha versión de ‘Torres de Compostela’ nunha noite que tamén conta con Suavecito, a Banda de Rianxo con Brincadeira, Vilamariachi con Marietta e moito baile 

crtvg.gal 23/05/2025 00:01

Santiago, 23.05.2025.-  ‘Luar’ (21:50 h) recibe este venres un dos artistas máis recoñecidos da canción melódica: Francisco, posuidor dunha voz potente e inconfundible, ofrecerá ao público unha noite especial interpretando o clásico ‘Mexico’ e unha versión moi persoal de ‘Torres de Compostela’. Cunha carreira de máis de catro décadas, o artista valenciano promete emocións fortes desde o primeiro acorde.

A gala continúa coa presenza da orquestra Suavecito, garante de festa e ritmo nas verbenas galegas, e cunha nova colaboración entre os músicos mozos e mozas da Banda de Música de Rianxo xunto ao grupo Brincadeira, que mesturan son tradicional e percusión nun espectáculo con identidade propia.

A música cruzará fronteiras coa actuación de Vilamariachi, que comparte escenario con Marietta para achegar sons mexicanos cun toque galego. Pola súa banda, o Ballet Folclórico Galego levará a escena novas coreografías baseadas na tradición do noso país.

O concurso de novos talentos da canción ‘Recantos’ trae hoxe un emocionante duelo entre Úrsula Pérez (Terras de Pontevedra) e Brian Cameselle (Vigo), mentres que no ‘Vai de baile’ compiten os grupos Pés de la e Lumieira. E completan a noite as notas de humor de Campos e Crespo, imprescindibles no espazo máis veterano da Televisión de Galicia. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade