div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A TVG ofrece en directo este sábado a gala dos Premios Mestre Mateo, a gran festa do audiovisual galego

As producións da Televisión de Galicia chegan como finalistas en 54 candidaturas

‘As Neves’, ‘Honeymoon’ e ‘+ Cuñados’ lideran as opcións da canle pública

A gala poderase seguir por TVG e pola plataforma dixital AGalega.gal (22:00 h)

crtvg.gal 14/03/2025 10:00

Santiago, 14.03.2025.-   Televisión de Galicia chega á 23ª edición dos Premios Mestre Mateo con 54 candidaturas finalistas, consolidándose como un dos piares fundamentais do audiovisual galego. A canle emitirá a gala este sábado, en directo, desde as 22:00 horas nunha retransmisión que tamén poderá seguirse pola plataforma dixital AGalega.gal. As longametraxes participadas pola canle pública, ‘As Neves’ (13 candidaturas), ‘Honeymoon’ (10) e ‘+ Cuñados’ (8), optan a galardóns nas principais categorías, xunto con ‘Xustiza artificial’. Ademais, só as producións da TVG compiten na categoría de Mellor Documental, con ‘Aurora’, ‘Filmei paxaros voando’, ‘Prefiro condenarme’ e ‘Salvaxe, salvaxe’.

Entre as candidaturas destacadas atópanse as de Mellor Dirección, con Sonia Méndez (‘As Neves’), Enrique Otero (‘Honeymoon’) e Luis Avilés (‘+ Cuñados’), e Mellor Actor e Actriz Protagonista, onde figuran Javier Gutiérrez (‘Honeymoon’), Federico Pérez (‘+ Cuñados’), Andrea Varela (‘As Neves’) e Lucía Veiga (‘Na Gloria’).

En Mellor Serie de TV, a TVG conta con ‘Bibopalula’, mentres que en Mellor Programa compiten ‘Cos pés na terra’, ‘Nosoutras’ e ‘Recollendo músicas’, dispoñibles na plataforma dixital da CRTVG, AGalega.gal. Son finalistas tamén da TVG a Mellor Comunicador: Estíbaliz Veiga (‘Din que non falan’), Juan Fuentes (‘Quen anda aí’) e Paco Lodeiro (‘Atrápame se podes’).

No apartado de Dirección de Produción foron elixidas as producións da Galega ‘+ Cuñados’, As Neves’ e ‘Prefiro condenarme’; en Mellor Dirección de Fotografía disputan o galardón tres producións apoiadas pola canle: Alberte Branco (‘Prefiro condenarme’), Lucía C. Pan (‘As Neves’), e Sergio Franco (‘Honeymoon’); en Mellor Dirección de Arte, Andrea Pozo (‘+ Cuñados’), Curru Garabal (‘Tratamos demasiado bien a las mujeres’), e Elia Robles (‘As Neves’), e tamén rivalizan na categoría de Mellor Montaxe ‘Honeymoon’, ‘As Neves’ e ‘+ Cuñados’. As producións da canle pública galega son tamén finalistas nos apartados de Maquillaxe e Peiteado e Vestiario, entre outras. Para o premio a Mellor Serie Web é candidata ‘Pringadas’, con participación da TVG.

Cómpre salientar que, o espazo da TVG ‘Cos pés na terra’ e a serie infantil de Xabarin.gal ‘Bibopalula’ recibiron xa dous dos galardóns especiais dos XXIII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, entregados a finais de febreiro na xuntanza de finalistas, festa que supón a antesala deste evento. 

A gala, organizada pola Academia Galega do Audiovisual, celébrase esta noite no Lalín Arena, en Lalín, sendo esta a primeira edición en que se traslada fóra das grandes cidades. O evento, presentado por Teté Delgado e dirixido pola coreógrafa Marta Alonso, ten como lema “O audiovisual en movemento”, destacando a evolución e a forza do sector en Galicia. Televisión de Galicia e AGalega.gal ofrecen en directo a gala, que tamén estará dispoñible na plataforma AGalega.gal posteriormente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade