div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A serie de ficción 'Lume', nova estrea da TVG este luns á noite

Cristina Castaño lidera o elenco desta nova produción da Televisión de Galicia sobre o impacto dos incendios forestais

A serie é un thriller xornalístico con fondo social e ecolóxico, rodada en galego e portugués

crtvg.gal 27/06/2025 13:46

Santiago, 27.6.2025.-  O luns á noite chega á TVG 'Lume' (21:45 h), unha nova serie de ficción da canle pública galega, protagonizada por Cristina Castaño e cunha trama que xira arredor do drama dos incendios forestais e as súas implicacións sociais e humanas. 

‘Lume’ é unha coprodución galego-portuguesa, que combina suspense, drama, investigación xornalística e unha potente mensaxe ambiental. A actriz galega Cristina Castaño lidera un elenco en que tamén participan o actor portugués Albano Jerónimo e os intérpretes galegos Alfonso Agra, Xúlio Abonjo e Isabel Naveira. Na serie, Lucía, unha xornalista asentada en Lisboa, regresa á súa localidade natal tras un devastador incendio forestal. Convencida de que o lume non foi accidental, iniciará unha investigación que sacará á luz unha perigosa rede de intereses económicos e políticos. 

A serie destaca tamén pola súa narrativa intensa e pola beleza dos escenarios da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que funcionan como un personaxe máis da historia. A dirección está a cargo de Giselle Llanio e a música é obra da compositora galega Carme Rodríguez.

Composta por seis capítulos, foi presentada en primicia no Festival Internacional de Series Ría de Vigo e chega agora á pequena pantalla como unha das grandes apostas da tempada na TVG. ‘Lume’ é unha coprodución galego-portuguesa con TVG e a RTP na parte pública, e co apoio do AGADIC, e de Setemedia e da produtora lusa Coral Vision Europa, na parte privada. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade