div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A parella de presentadores Noelia Rey e Fran Cañotas pon a proba no 'Land Rober Tunai Show' a súa complicidade e sentido do humor

Este xoves regresa tamén Milagros, a farmacéutica de cabeceira do programa de humor da Galega

crtvg.gal 15/05/2025 00:01

Santiago, 15.05.2025.-  O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe a visita este xoves dunha parella moi querida pola audiencia: os presentadores Noelia Rey e Fran Cañotas! Unidos pola televisión, a súa historia de amor é toda unha aventura da que esta noite se indagará e se poderá coñecer algo máis. Como non podía ser doutro xeito, o programa de humor da Galega aproveitará a ocasión para poñelos a proba nunhas citas moi divertidas!

Outro dos momentos divertidos da noite producirase co regreso da farmacéutica de cabeceira, Milagros. Desta volta a farmacia convértese nun punto de recepción de paquetería... A isto unirase a particular Melody do ‘Land Rober Tunai Show’, coa que pode pasar calquera cousa. 

Isto e moito máis, este xoves con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Roi Méndez, a partir das 21:50 horas na Televisión de Galicia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade