div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A cantante Natalia e o gaiteiro Hevia, convidados no 'Luar' deste venres

Tamén pasarán polo escenario do programa (21:35 h) o grupo Abril, a orquestra New York, o Orfeón de Trives e a asociación A Regionalista

crtvg.gal 14/03/2025 02:00

Santiago, 14.03.2025.-    O programa ‘Luar’ recibirá hoxe a visita da cantante e compositora gaditana Natalia, que se deu a coñecer na primeira edición de ‘Operación Triunfo’. Con máis de 23 anos de carreira, é ademais un rostro máis que coñecido para os espectadores da pequena pantalla, xa que presentou varios programas. Na actualidade, atópase inmersa na promoción e xira do seu novo sinxelo, ‘Nadie más’, que interpretará no escenario.

O espazo da TVG contará tamén coa presenza do gaiteiro asturiano Hevia, que revolucionou o folk coa gaita electrónica e vendeu máis de 2,5 millóns de discos en todo o mundo. O artista interpretará algúns dos temas que o fixeron popular e que xa forman parte do repertorio folk internacional.

Ademais, ‘Luar’ ofrecerá este venres a actuación do grupo Abril, un proxecto de Claudia Abril e Marina Carpente en que as melodías tradicionais galegas e ibéricas se adaptan a sons actuais con certa intimidade, personalidade e frescura. Polo escenario tamén pasarán esta noite a orquestra New York, o Orfeón de Trives e a asociación cultural A Regionalista.

Coma sempre, o programa presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez contará con novas entregas dos concursos ‘Vai de Baile’, hoxe coa participación de Os Miraflores de Vigo e Pura e Lucinda, e ‘Recantos’, en que se enfrontarán nesta ocasión José Carballido, procedente de Noia-Barbanza, e Úrsula Pérez, representante da comarca Terras de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade