SEN CÓDIGO POSTAL - CRTVG
SEN CÓDIGO POSTAL: O Vicedo
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O concello do Vicedo, cuxa ría divide as provincias da Coruña e Lugo, é esta tarde o destino de 'Sen Código Postal'.