PADRE CASARES - CRTVG
PADRE CASARES: A derradeira misa
Os veciños esmeraranse todo o posible para sorprender o ancián Crisanto: os seus fregueses, cunha celebración ao grande, e Delmiro, pola súa banda, cunha particular homenaxe, o que chegando de Delmiro é para botarse a tremer. E así é. Ademais, o alcalde traballará con tesón e no maior dos segredos, para lograr a expropiación da parcela sobre a que se erixe a igrexa parroquial.