ELISA E MARCELA - CRTVG
ELISA E MARCELA
En 1885, Elisa e Marcela coñécense na escola onde traballan. O que comeza como unha gran amizade remata nunha relación amorosa que teñen que vivir ás agochadas. Os pais de Marcela sospeitan desta relación e envíana ao estranxeiro uns anos. Á súa volta, o reencontro con Elisa é máxico e deciden ter unha vida en común. Ante a presión social e as faladurías, ambas as dúas trazan un plan: Elisa abandonará un tempo a vila para volver convertida en Mario e poder casar con Marcela, pero non todo será tan fácil para este amor non recoñecido.